A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa rexistra 2 casos activos de coronavirus

Vista da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Mantense a tendencia á baixa nos casos activos de Covid-19 no municipio da Rúa, situándose en 2 na xornada deste xoves 14 de xaneiro, 2 menos que o pasado luns, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade ao Concello.

Con respecto aos novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, o número mantense entre 1 e 9 e a incidencia acumulada baixa ata ≤25. Unha mellora que non impide que o municipio se manteña no nivel medio-alto de restricións igual que o resto de Galicia, segundo adiantaba onte o presidente da Xunta, aínda que si se levantará mañá o peche perimetral.

Artigos relacionados

Back to top button