A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa rexistra 22 casos activos de coronavirus, 1 menos que o luns

Vía principal da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Con subidas (novos contaxios) e lixeiras baixadas (altas) se está a desenvolver esta seguna onda da pandemia de coronavirus na comarca de Valdeorras. Datos que se reflicten moi ben nos concellos do Barco e da Rúa con números que oscilan dun día para outro.

Tras unha subida considerable, chegando ata os 23 casos activos, A Rúa rexistra hoxe, xoves 12 de novembro, un caso mesno, situándose nos 22 positivos en Covid-19. Un número que mantén a este concello no nivel 2 de alerta (cor laranxa), no mapa epidemiolóxico elaborado pola Consellería de Sanidade, con entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

Artigos relacionados

Back to top button