A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa rexistra 5 positivos de coronavirus, un menos que onte

Vista parcial da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que de forma lixeira, seguen baixando os casos activos de Covid-19 no municipio da Rúa situándose nos 5 (un menos que onte), segundo os datos facilitados dende o Sergas na xornada deste venres 8 de xaneiro.

En canto ao número de novos casos diagnosticados na Rúa nos últimos 14 días, mantense entre 1 e 9 casos, cunha incidencia acumulada para o concello de >50 e ≤150 aínda que se mantén o nivel medio alto de restriccións, á espera da decisión que tome o Comité Clínico na reunión de hoxe.

Artigos relacionados

Back to top button