A RúaÚltima hora

A Rúa rexistra 7 casos activos de Covid, dous máis que o venres

O Aguillón rues.

 

Aínda que de forma leve, volven subir os casos activos de coronavirus no municipio da Rúa, rexistrando na xornada deste luns 25 de xaneiro, cun total de 7, dous máis que o venres.

Segundo os datos facilitados dende o Concello en principio son casos do entorno familiar “e outro que entrou por outro lado, oxalá que só sexa iso”, puntualiza o alcalde Álvaro Fernández.

Con respecto aos novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, o número mantense entre 1 e 9 pero a incidencia acumulada sobe ata >150 e ≤250, seguindo no nivel medio-alto de restricións igual que o resto de Galicia,

Artigos relacionados

Back to top button