A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa rexistra 9 positivos activos por Covid e sube a nivel de alerta amarelo

Así se reflicte no mapa epidemiolóxico elaborado pola Consellería de Sanidade

Fachada da Casa do Concello da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tres son os municipios da comarca de Valdeorras que aparecen tinguidos no mapa epidemiolóxico elaborado pola Consellería de Sanidade. O Barco continúa en nivel de alerta 3 (cor vermella) con máis de 21 casos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días; e Vilamartín, tamén se mantén un día máis no nivel 1 (cor amarela) con entre 7 e 14 casos.

A novidade hoxe, xoves 22 de outubro, está na Rúa, concello que Sanidade elevou a nivel de alerta 1, tralo aumento en 3 casos que se producía na xornda de onte, pasando de 6 a 9, tal como confirmaban dende o propio Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button