A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa rexistra un total de 6 casos activos de Covid

Segundo confirman dende o Concello, esta fin de semana coñecíanse dous novos casos e tres altas

Fachada da Casa do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O municipio da Rúa mantén certa estabilidade en canto a número de casos activos de coronavirus entre a poboación, con algún novo pero tamén altas. Así, segundo os últimos datos facilitados dende o Concello, hai un total de 6 casos activos. Había 7 “subiron 2 esta fin de semana pero deron 3 altas”, explica o alcalde Álvaro Fernández.

Entre os novos casos hai un menor “sen positivos no seu entorno de momento”, puntualiza o acalde deste concello valdeorrés que se mantén igual que o resto da comarca, no nivel 2 de restricións, e no cero (cor verde) de alerta epidemiolóxica no mapa da Consellería de Sanidade en canto aos casos confirmados por PCR nos 7 últimos días, ao rexistrar menos de 7 casos.

Artigos relacionados

Back to top button