SanidadeÚltima hora

A Rúa segue concentrándose “en defensa dunha Primaria digna”

Neste mediodía veciños e profesionais reuníanse durante 5 minutos no exterior do Centro de Saúde desta localidade
Concentración no exterior do Centro de Saúde da Rúa./ Foto cedida.

Un luns máis, e van tres, no mediodía deste 18 de rebreiro tiña lugar unha concentración durante cinco minutos no exterior do Centro de Saúde da Rúa baixo o lema. “Xuntos por unha Primaria digna”. Este acto reivindicativo, no que participaban profesionais e veciños, está convocado pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, AGAMFEC.

Con esta acción preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Artigos relacionados

Back to top button