SanidadeÚltima hora

A Rúa segue mobilizándose en defenda da Atención Primaria

Veciños e persoal sanitario concentrábanse ao mediodía durante cinco minutos para demandar unha “Primaria digna”

Por noveno luns consecutivo, o exterior do Centro de Saúde da Rúa convértese en escenario dunha concentración ao mediodía. Durante cinco minutos, veciños e profesionais sanitarios reuníanse para pedir deste xeito “unha Primaria digna”.

Esta acción reivindicativa, convocada dende a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), comezaba a realizarse no primeiro luns de febreiro. Dende entón o centro de saúde rues mantén estas concentracións coas que se pretende “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button