SanidadeÚltima hora

A Rúa segue reivindicando unha “primaria digna”

Este é xa o 15º luns consecutivo no que se celebra unha concentración no exterior do seu Centro de Saúde
Concentración neste luns 13 de maio no exterior do Centro de Saúde da Rúa./ Foto cedida.

Dende o 4 febreiro o Centro de Saúde da Rúa vén celebrando cada luns unha concentración en defensa da atención primaria. O deste luns 13 de maio é xa o 15ª parón de cinco minutos que ten lugar no exterior deste centro, coa participación de pacientes e profesionais sanitarios.

A reivindicación segue sendo a mesma “unha Primaria digna” e convocatoria lanzábaa xa en febreiro a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC). Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

 

Artigos relacionados

Back to top button