SanidadeÚltima hora

A Rúa segue reivindicando unha “Primaria digna”

No mediodía deste luns 15 de abril veciños e persoal sanitario volvían a concentrarse no exterior do Centro de Saúde desta vila valdeorresa

Son xa once once luns consecutivos os que cidadáns e persoal sanitario levan saíndo na Rúa cunha mesma demanda: “unha Atención Primaria digna”. Unha vez máis, no mediodía deste luns 15 de abril tiña lugar unha concentración durante cinco minutos no exterior do Centro de Saúde desta vila.

Este acto reivindicativo, convocado dende a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), comezaba a realizarse no primeiro luns de febreiro. Dende entón o centro de saúde rues mantén estas concentracións coas que se pretende “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button