En portadaÚltima hora

A Rúa será unha das paradas dun reto solidario en bicicleta dende Cádiz ata Compostela

Un veciño de Almendralejo comeza mañá unha iniciativa vinculada ao Camiño de Santiago na que implicará á localidade valdeorresa, irmanada dende hai anos coa extremeña

Presentación do reto no Concello de Almendralejo.

 

Con maior ou menor actividade, o irmanamento entre as localidades de A Rúa en Valdeorras e Almendralejo en Extremadura, está máis vivo que nunca.

E mostra diso é a iniciativa solidaria que dará comezo mañá e que vinculará a estas dúas vilas irmás da man dun veciño de Almendralejo Pedro Hierro del Hoyo, que comezará en Cádiz un novo reto vencellado ao Camiño de Santiago: “1.100 kms; 15 días; 1 motivo”.

En pleno ano Xacobeo, do 1 ao 15 de xullo, o xove percorrerá a distancia que hai entre a capital gaditana e Santiago de Compostela en bicicleta, apartándose do trazado tradicional para enlazar co Camiño de Inverno e así pasar pola Rúa, cumprindo o dobre obxectivo do reto: recadar cartos para AFIBROAL (Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Almendralejo) e unir ás dúas localidades irmás a través da solidariedade.

A ruta está dividida en 15 etapas e será na antepenúltima, o día 13 de xullo, cando faga parada na Rúa.

Mais información no Facebook Aventuras Solidarias Extremadura.

 

Artigos relacionados

Back to top button