SanidadeÚltima hora

A Rúa suma e segue na súa demanda dunha “primaria digna”

Neste luns realizábase unha nova concentración no exterior do seu Centro de Saúde

Novo luns e nova concentración no exterior do Centro de Saúde da Rúa para demandar unha “primaria digna”. Veciños e persoal sanitario facían un novo parón durante cinco minutos neste 27 de maio insistindo nesa reivindicación que levan facendo dende febreiro. Son xa 17 luns consecutivos os que levan celebrándose estes actos reivindicativos.

A convocatoria lanzábaa xa no mes de febreiro a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) e continúa viva na Rúa. Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Artigos relacionados

Back to top button