A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa suma un novo positivo e sitúase nos 32 casos activos por Covid

Unha das entradas á Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que de forma lixeira, A Rúa segue sumando positivos por coronavirus e na xornada deste martes 24 de novembro, segundo os datos facilitados por Sanidade ao Concello, son 32 os casos activos no municipio, un máis que onte.

Ante o respunte de contaxios sufrido neste concello valdeorrés a raíz de varias festas ilegais celebradas hai dúas fins de semana na comarca, o comité clínico de expertos que segue a pandemia en Galicia ten o foco posto, entre outros concellos, na Rúa. De feito, e tal como adiantaba o conselleiro de Sanidade na visita que facía ao HPV onte, na reunión que o comité celebrará esta tarde, analizarán polo miúdo os datos deste municipio e valorarán se tomar ou non novas medidas restritivas.

Artigos relacionados

Back to top button