En portadaÚltima hora

A Rúa ten 29 casos de Covid, 5 máis que onte, e sobe a alerta laranxa

Vía principal da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Preocupación na Rúa ante o incremento de casos activos de coronavirus no concello e polas consecuencias das festas privadas da pasada fin de semana na comarca. Nestes momentos, o municipio rexistra un total de 29 positivos (5 máis que onte), segundo vén de confirmar o Concello da Rúa, se ben continúa a facerse o rastrexo de contactos estreitos e a realización de probas PCR polo que o seu número podería aumentar.

“Polos datos que nós temos, hai entre 10 e 15 casos relacionados con festas da pasada fin de semana que non se fixeron na Rúa, pero nas que si participou xente deste municipio. A maioría deles son persoas xoves, pero tamén hai xente do seu entorno, familiares con saúde delicada”, explica o alcalde rues, Álvaro Fernández.

Neste senso, o rexedor chama á responsabilidade e a que os cidadáns “aprenden dos erros porque isto perxudícanos a todos”. E lamenta a situación actual, “é unha verdadeira pena porque a melloría que estaba tendo A Rúa era moi boa”.

Nivel de alerta 2 (laranxa)

Ademais, nestes momentos A Rúa pasa do nivel de alerta 1 (amarelo) no mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade, ao nivel de alerta 2 (laranxa), o que significa que hai entre 14 e 21 casos novos de Covid-19 confirmados por probas PCR nos últimos 7 días.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/alvaro-fdez-alcalde-da-rua-se-a-xunta-cre-que-hai-que-tomar-medidas-drasticas-habera-que-adoptalas-para-protexer-a-saude/

 

Artigos relacionados

Back to top button