ConcellosÚltima hora

A Rúa únese a Almendralejo na celebración, dende casa, da romaría extremeña de San Marcos

O alcalde e o concelleiro de Cultura rueses participaban onte nun programa especial de Radio Almendralejo

O locutor de Radio Almendralejo, José Vicente Solarat, Juan Francisco Sánchez e o alcalde da Rúa Álvaro Fernández.

 

A xornada do 25 de abril é unha data especial para a localidade extremeña de Almendralejo, irmanada coa da Rúa dende hai máis dunha década. É o día no que celebran por todo o alto a tradicional Romaría de San Marcos, unha das súas festividades máis destacadas que este ano non se pudo festexar debido á pandemia do coronavirus, polo menos fisicamente.

Na xornada de onte, Almendralejo facía unha paréntese nestes momentos complicados (recentemente producíase un falecemento por Covid-19) para conmemorar, desde casa e alomenos durante un rato un pequeno anaco da súa romaría. Ao longo do día as redes enchéronse das fotografías e vídeos que a xente foi subindo e que formaron unha gran exposición virtual co hashtag #EsteSanMarcosMeQuedoEnCasa.

Tamén dende A Rúa tiveron o seu recordo, amosando a través de imaxes algúns dos momentos máis destacados do irmanamento. “Sen dúbida a visita a Almendralejo da Real Banda de Gaitas de Ourense foi unha data importante para reforzar o vínculo de ambos pobos”, comentan dende o Concelo da Rúa, lembrando que coa súa actuación, “quixeron acompañar a todos os almendralejenses na celebración da súa tan coñecida romaría”. Ademais, na xornada de onte, o alcalde Álvaro Fernández e o concelleiro de Cultura e Deportes José Vicente Solarat (un dos xestores do irmanamento) entraban en directo nun programa especial de Radio Almendralejo. Tamén se lles unía telefonicamente  Juan Francisco Sánchez, fillo adoptivo da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button