EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A Rúa vai de viños e tapas

A ruta que promociona o Camiño de Inverno e os caldos de Valdeorras continúa mañá sábado

Da idea de promocionar o Camiño de Inverno e os caldos de Valdeorras nacía hai catro anos o CaViño, unha peculiar ruta gastronómica e musical na que participan un bo número de locais de hostalaría da Rúa.

Este ano en concreto, son dezaseis os establecementos que esta fin de semana participan na iniciativa organizada pola Asociación Cultural San Cristóbal: O Pillabán, El Patio, O Retorno, La Barbería, Norte, As Piscinas, O Refuxio, Orballo, A Lareira, Stop, O Café, Cervecería, Bravo Lux, Sport’s, A Skina e Vikingos.

A inauguración da ruta que ofrece música en directo polos locais, ruta de tapas, “trenecito”, concertos, máis de 2.000 agasallos directos, sorteos, catas comentadas, visitas a adegas e degustación dos viños de preto dunha vintena de adegas da D.O. Valdeorras, tiña lugar na tarde do 29 de xuño na praza do Concello por parte do alcalde Luis Fernández Gudiña, do presidente do C.R.D.O. Valdeorras José Luis Pando e a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias.

Hoxe, o apartado musical correu a cargo das Macizas Centrais e dos do Recanto. Mañá tocaralle o turno aos Palletas, aos Bertolini e a Orouxobruxo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button