ConcellosÚltima hora

A Rúa Vella abre a tempada de magostos en Valdeorras

A celebración tiña lugar na tarde-noite do 26 de outubro na praza Arroio

 

Coa caída da folla e a recollida das castañas, chega o tempo dos magostos e na Rúa Vella celebraban a súa particular festa na tarde-noite do 26 de outubro.

A praza do Arroio acollía a IV Festa do Magosto, unha tradicional celebración de outono organizada pola Asociación Cultural Sabugueiro, na que non faltaron as castañas asadas, pero tampouco un rico menú a base de bolos preñados, empanada de carne, bica, auga e viño.

Na festa, á que acudían numerosas persoas (nótase que é o primeiro magosto da tempada e que a xente ten ganas de bullotes), incluso tiraron fogos artificiais para animar o ambiente.

Cambiando de tercio e centrándose xa no Samaín que se celebrará na vindeira semana, dende a asociación organizaron para mañá, domingo, un obradoiro de decoración de cabazas. Será no adro da Igrexa de Santo Estevo de 16 a 19h.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button