A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa Vella busca talentos para as grandes festas de San Roque

 

A Asociación Cultural Sabugueiro ten xa a pleno rendemento as máquinas para organizar as grandes festas da Rúa Vella que se celebrarán a mediados do mes de agosto na honra a San Roque. Unhas festas que este ano contarán con moitas novidades. Unha delas é a actuación dalgún talento (cantante, cómico, bailarín,…).

Para iso, dende a asociación veñen de poñer en marcha o seu particular ‘Got Talent’ para todas as idades. Para participar, todo aquel que teña algún talento especial e queira, ten que enviar ao 650 27 73 44 un vídeo de 1 minuto de duración como máximo no que demostre todo o seu arte, e participar nas audicións.

O seleccionado actuará o xoves 18 de agosto na praza César Conti no marco das festas. Ademais haberá tres premios: 1º de 100 euros; 2º un agasallo; e 3º unha camiseta da Asociación Sabugueiro.

A data límite para enviar os vídeos é o 31 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button