En portada

A Rúa venera a Baco

A localidade valdeorresa prepárase para a segunda edición desta feira romana que se celebrará do 14 ao 16 de agosto
Tropas romanas sobre a Ponte da Cigarrosa, no acto inaugural da Baco Festa do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.
Tropas romanas sobre a Ponte da Cigarrosa, no acto inaugural da Baco Festa do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na ponte romana da Cigarrosa, entre A Rúa e Petín, terá lugar o acto que abrirá ás sete da tarde do 14 de agosto a II Baco Festa, unha feira histórica de contido cultural, gastronómico e enolóxico que se desenvolverá ao longo de tres días no Aguillón rues.

“O viño da Denominación de Orixe Valdeorras é o elemento vertebrador dunha celebración que pretende, sobre todo, converterse nunha exaltación dos caldos da nosa zona. Así o godello e mencía terán un lugar preeminente na Baco Feta coa presenza de ata trece adedas da denominación”, segundo resalta o Concello da Rúa.

Estes expositores instalaranse no Aguillón e xunto a eles haberá tamén postos de artesanía e gastronomía. Neste marco xerarase un ambiente de época romana. O programa incluirá tamén entre o 14 e o 16 de agosto música, xogos, contacontos e ata un concurso de disfraces co fin de involucrar a visitantes e veciños neste evento.

O apartado musical incluirá unha variedade de estilos que irán dende as xornadas de folclore do día 14 ás 23h, pasando pola foliada da Agrupación Abertal (20:30h. do sábado 15) ou os concertos de rock e ska-balkan (23h.) ata a actuación dos Festikultores (domingo 16 ás 21h.). Outro dos ingredientes do programa serán os xogos tradicionais.

Artigos relacionados

Back to top button