SanidadeÚltima hora

A Rúa volve a concentrarse por unha “primaria digna” e por un novo centro de saúde

 

Un luns máis, veciños e persoal sanitario volvían a reunirse ás 12h. deste 26 de agosto diante do Centro de Saúde da Rúa para seguir insistindo na demanda dunha atención “primaria digna” e dun novo centro de saúde para este municipio.

A Rúa leva celebrando estas concentracións dende hai xa seis meses, cando lanzaba esta convocatoria a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC). Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos da túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button