A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa volve ao nivel de alerta amarelo con 10 casos activos de coronavirus

Así se reflicte no mapa epidemiolóxico por concellos elaborado pola Consellería de Sanidade

Concello da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

As cores do mapa epidemiolóxico elaborado pola Consellería de Sanidade non deixa de cambiar en función dos novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días. E máis concretamente no concello da Rúa que o xoves 22 de outubro subía ao nivel de alerta amarelo con 9 casos activos confirmados; o domingo 25, baixaba ao verde; e hoxe, luns 26 de outubro volvía tinguirse de amarelo, confirmándose un total de 10 casos activos no municipio, dous máis que onte.

 

Mapa epidemiolóxico.

Artigos relacionados

Back to top button