CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Ruada homenaxea a Clemente Macías “Tito” na apertura das festas da Rúa Vella

Na noite do 16 de agosto representaba a obra “A voda do esganarello” nunha abarrotada praza César Conti

Dun xeito moi emotivo comezaban os actos das festas de San Roque na Rúa Vella na noite do 16 de agosto. Xusto antes de comezar a representación coa que se abría o programa, a cargo de A Ruada, dende este grupo de teatro rendíase unha homenaxe a Clemente Macías “Tito”, veciño da Rúa Vella e un dos membro da formación, que falecía a principios deste ano.

Lembrábase que a peza teatral que se ía escenificar a continuación, “A voda do esganarello”, fora escollida por el, e antes de darlle vida no escenario, dedicábanlle un forte e emotivo aplauso. Numerosas persoas asistían a esta obra enchendo a praza César Conti.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button