CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Ruada volve encher a praza César Conti co seu teatro no marco das Festas de San Roque, na Rúa

Na noite do 15 de agosto, o grupo de teatro representaba a obra O cantar de cantares

Alberti é un mozo que está estudando na Universidade e regresa ao pobo cargado de ideas e libros que revolucionan aos veciños do pobo, acostumados ás faladurías. Especialmente escandalizado está o abade, afeito aos convites e ao viño, que non ve con bos ollos o interese dos seus fegreses polas novas que o mozo trae da cidade…

Así arranca O cantar de cantares, adaptación da obra de Blanco Amor que na noite do 15 de agosto, o grupo A Ruada poñía en escea nunha abarrotada praza César Conti, na Rúa.

Despois dunha animada sesión de cinema ao aire libre para ver o filme de Pixar Coco, e do teatro que enchía a praza, comezan oficialmente as Festas de San Roque na Rúa Vella. Para hoxe, venres 16 de agosto, está previsto o traslado do santo da capela á igrexa de Santo Estevo (21h.) e a actuación do grupo de versións Los Íñigos, ás 23h. no campo de San Roque. A verbena correrá a cargo de Danzalia Disco-Show.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button