DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

A ruesa Anxela Fernández xogará mañá a final infantil do campionato de España coa selección galega feminina de fútbol sala

A selección galega infantil feminina de fútbol sala coa ruesa Anxela Fernández (terceira pola esquerda diante).

 

As seleccións galegas infantís de fútbol sala disputaban este xoves as semifinais do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala, unha cita que desde o pasado luns estase a celebrar en Salou (Cataluña), logrando o pase á final que se xogará mañá.

O combinado infantil dirixido por Manuel del Castillo e María Bardanca do que forma parte a valdeorresa Anxela Fernández (xogadora do Rúa-Valdeorras CF), presentouse como firme candidata ao título nacional despois de eliminar a Madrid (1-4) nun encontro “case perfecto”, puntualizan dende a Federación Galega de Fútbol, explicando que ámbolos dous equipos disputaron un gran partido de fútbol sala, con moita intensidade e un ritmo moi alto, cun marcador axustado ata os últimos instantes da segunda metade cando o combinado galego marcou dous goles para establecer o 1 a 4 definitivo.

A gran final entre Galicia e Cataluña será mañá, Venres Santo, a partir das 12 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button