CulturaCulturaÚltima hora

A ruesa Carina Rodríguez, autora da ilustración do cartel do IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

Carina Rodríguez co cartel.

 

Na mañá deste luns 1 de agosto presentábase en Vilamartín de Valdeorras o IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán que inclúe no cartel unha obra da artista ruesa Carina Rodríguez.

Natural da Rúa, Carina Rodríguez é unha pintora autodidacta cunha extensa obra plástica e que nos últimos anos ten feito incursións noutras áreas como a ilustración e o textil. É tamén xestora cultural e investigadora, sendo unha das impulsoras do M.A.R.C.O., a mostra de arte na rúa que se celebra en Petín dende hai dous veráns.

Para este cartel empregou un lienzo con técnica de colaxe titulado ‘O bosque azul’ que tratou dixitalmente para convertelo nunha metáfora da mirada do artista sobre o puntual para proxectalo ao global. “O que quixen reflexar foi unha obra que nos transportase a ese mundo onírico no que nos temos que atopar para transformar os obxectos cotiáns e os acontecementos do día a día en poesía”, aseguraba a artista na presentación.

 

Artigos relacionados

Back to top button