EconomíaEconomíaÚltima hora

A “Ruleta” chega aos establecementos da Asociación de Empresarios do Xeoparque Montañas do Courel

Este evento, que repartirá máis de 200 agasallos, porase en marcha na mañá do 21 de setembro na praza maior de San Clodio

 

Nada máis comezar a semana porase en marcha no territorio dos establecementos da Asociación de Empresarios do Xeoparque Montañas do Courel a campaña “Ruleta da Federación de Comercio de Lugo”. Así a ruleta situarase o 21 de setembro, ás 11horas, na praza Maior de San Clodio (Ribas de Sil).

A iniciativa desenvolverase entre as 11h. e as 14:30 horas e repartirá máis de 200 agasallos entre os clientes que presenten un tícket de compra (con data entre o 14 e o 21 de setembro) por un importe mínimo de 10 euros nos establecementos adheridos á Asociación de Empresarios do Xeoparque Montañas do Courel. Cada persoa pode tirar na ruleta ata un total de 3 veces.

O arranque da ruleta contará coa presenza do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; o presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque, Miguel Ángel Garrido, e do primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura de Ribas de Sil, Roberto Castro.

A Ruleta está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia – Dirección Xeral de Comercio, Novogal e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close