En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Ruta de Pinchos ‘O Barco vai de viños’ entrega os premios da XI edición

O primeiro premio foi para 'Ravioli crocante de rabo de tenreira' de Alpha Raíces

 

Unha das novidades desta edición da Ruta de Pinchos ‘O Barco vai de viños’ que se celebraba do 13 ao 23 de xaneiro, con máis de 7.000 pinchos vendidos, eran os premios. Así os catro pinchos mellor valorados polos clientes pasaron a unha segunda fase na que foi un xurado especializado quen decidiu, atendendo a criterios de creatividade, presentación, sabor, textura e tradición, o gañador da XI Ruta de Pinchos e os seguintes tres clasificados.

O xurado, formado por Mercedes González Rodríguez, sumiller e enóloga; Ana Isabel Fernández Escuredo, nutricionista; Jesús Rodríguez Carreiras, profesor do Instituto de Hostelería de Lugo; Jorge Mazaira, enólogo e Director Técnico do Consello Regulador de la D.O. Valdeorras; e Constantino Iglesias, xerente Tizar Restaurante Ourense e TG Tino Iglesias Servicios Gastronómicos, realizaban a cata na pasada noite nos catro  establecementos finalistas, e na mañá deste domingo 30 de xaneiro entregábanse os premios nun acto celebrado no salón de actos do Edificio Multiusos do Concello do Barco.

 

Primeiro premio.

 

Segundo premio.

 

Terceiro Premio.

 

Cuarto premio.

 

O primeiro premio, entregado polo concelleiro de Turismo Eladio Santos, foi para ‘Ravioli crocante de rabo de tenreira’ de Alpha Raíces; o segundo, entregado pola presidenta de AEVA Araceli Fernéndez foi para ‘Timbal de solombo’, de Café Bar Zig Zag; o terceiro premio, entregado por Jorge Álvarez en representación do CCA O Barco, foi para ‘Taco de porco con cebreiro e redución unagi’, de Café Teatro Bajo 5; e o cuarto premio foi para ‘Makofajita’, do Bar Makoki.

Os  galardóns son culleres feitas por Artesanía Enxebre exclusivamente para esta edición “que esperemos que todos exhibades con orgullo nos vosos establecementos”, dixo o concelleiro de Turismo, asegurando que “todos os restaurantes e cafeterías participantes xa gañaron, porque fixeron negocio e polo reconto todos os pinchos tiveron moitos votos e houbo moita competitividade para chegar aos catro finalistas”. Pola súa banda a presidenta do xurado, Mercedes González, aseguraba que “os resultados estiveron claros e tamén moi próximos. Foron catro mostras moi ben elaboradas nas que non tivemos en conta a cantidade, pero si valoramos a rapidez no servizo e o equilibrio así como a atención e o feito de poder tirar de referencias da comarca con respecto ao viño”.

 

 

Resultado do sorteo das ceas

Neste acto tamén se daban a coñecer os gañadores das catro ceas para catro parellas que se sortearon o venres 28 de xaneiro entre todos os participantes na ruta que selaron o seu boleto nun mínimo de cinco establecemento, polo menos un selo de cada zona.

O resultado do sorteo era o seguinte:

– A gañadora da cea para dúas persoas no Pazo do Castro, doada por Exclusivas Morales, era Ana Corcoba Pacios, do Barco.

– O gañador da cea para dúas persoas na Casa Galaica, doada por Distribuciones Anger Valdeorras, era Jesús Carbajo Barrio, do Barco.

– A gañadora da cea para dúas persoas no Restaurante Piquiño, doada por Adegas D’ Berna, era para Marisol Saeta, do Barco.

– O gañador da cea para dúas persoas no Restaurante Fernando III, doada por Distribuciones Roca, era para Aurelio José Delgado Losada, do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button