ConcellosEn portadaFolgoso de CaurelÚltima hora

A “Ruta do oso e do mel do Courel” en Seceda (Folgoso) presentarase o 20 de abril

Será o acto previo á xornada "Os espazos naturais: un motor económico para o rural", tamén no marco do Proxecto Life Oso Courel, en Seoane

Alvar en Seceda (Folgoso do Courel)./ Foto: Fundación Oso Pardo.

 

No marco do Proxecto Life Oso Courel, e coa colaboración da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel, o vindeiro martes 20 de abril celebrarase en Seoane (Folgoso do Courel) a xornada “Os espazos naturais: un motor económico para o rural”.

No seu decurso analizarase dende diferentes perspectivas o papel dos espazos naturais como potencial motor económicono rural. Previamente á xornada expositiva e de debate, presentarase en Seceda a “ruta do oso e do mel do Courel”, deseñada e creada no marco do Programa Life Oso-Courel. Será ás 11h.

O traxecto deste ruta recupera antigos camiños, é como un anel circular arredor de Seceda, pero, á súa vez, ten varios bucles de distinta distancia que permiten facer o percorrido nunha ou en distintas xornadas. Ademais seguindo esta senda poden descubrirse algunhas dos alvares ou alvarizas tradicionais desta zona. Son antigas fortificacións para protexer as colmeas do oso.

“A miúdo os espazos naturais, especialmente as súas figuras de protección, vense dende as poboacións locais como elementos que interfiren negativamente na súa vida cotiá e nas súas actividades produtivas. Sen restarlle importancia a esta realidade, cómpre establecer o balance entre prexuízos e beneficios dos espazos naturais e asespecies protexidas no contexto da economía rural”, explican os promotores da xornada.

Neste senso, o programa incluirá distintas charlas e unha mesa redonda que se desenvolverán o xa citado 20 de abril, a partir das 17:15h., na Estación Científica do Courel. Debido ás restricións motivadas polo Covid-19, o aforo será limitado a 25 persoas, previa inscrición a través do enderezo electrónicodesenvolvementoserradocaurel@gmail.com. Paralelamente, as intervencións serán transmitidas en directo a través da canle de youtube da Fundación Oso Pardo (https://cutt.ly/jvpw55S).

Entre os ponentes estará o alcalde de Somiedo que falará sobre “a importancia dos espazos protexidos para a economía rural”. Ás 18:00h haberá un coloquio e ás 18:15h. darase paso á conferencia “Contribución do oso pardo ao desenvolvemento rural” da man de Fernando Ballesteros Bienzobas, da Fundación Oso Pardo.

Despois terá lugar a mesa redonda “A conservación da natureza e o patrimonio como recurso na montaña cantábrica”, cos participación dos ponentes Belarmino Fernández Fervienzave Fernando Ballesteros Bienzobas, así como de Roberto Castro González, presidente do Xeoparque Montañas do Courel, e de Xosé Luís Otero, coordinador das Estacións Científicas da Universidade de Santiago de Compostela.

Artigos relacionados

Back to top button