CulturaCulturaÚltima hora

A Ruta do Viño de Valdeorras convoca a segunda edición do seu concurso fotográfico

Celebrarase entre hoxe, 21 de agosto, e o 30 de setembro e haberá tres premios

Convócase dende hoxe o II Concurso de Fotografía da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras Ramón García, máis coñecido como “O Ragar”.

O concurso ten como temática “o viño e o Camiño de Inverno”, debendo aparecer nas fotografías presentadas imaxes referidas á mesma. Deberán mostrar a contorna rural da comarca de Valdeorras facendo referencia á arte do viño e o camiño conxuntamente en calquera dos seus aspectos: paisaxe, consumo, historia… O prazo rematará o vindeiro 30 de setembro.

Poderá participar calquera persoa maior de idade que presente un máximo de tres fotografías, e as bases do concurso están publicadas na web. Ademais, haberá tres premios: 1º premio “Godello” (300 euros e diploma acreditativo), 2º premio “Mencía” (200 euros e diploma), e 3º premio “Garnacha tintoreira” (100 euros e diploma).

 

Cartel do concurso.

 

O fallo do xurado darase a coñecer a través da súa páxina web e redes sociais (antes do 15 de outubro). Así, ademais das fotografías premiadas, o xurado seleccionará unha mostra das mellores imaxes para a súa posible inclusión na exposición que acompaña ao concurso fotográfico no Centro Cultural Avenida da Rúa, sen prexuízo de que se poidan efectuar noutras localidades pertencentes á Ruta do Viño.

Pola súa banda, Ramón García “O Ragar” afirman dende a asociación que é alguén que forma parte da historia de Valdeorras e moi vinculado ao mundo da fotografía. “A primeira cámara que coñece é a do seu pai. Aos 18 anos cando vai á mili no corpo de paracaidistas aproveita para facer un curso de fotografía. Tivo a fortuna de convivir co seu avó de Petín e cun mestre que lle deu clases nocturnas. Despois Valdeorras tivo o pracer de de que “O Ragar” se entregase ao labor de recuperar o Camiño de Inverno, sendo o fundador da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras”, explican dende a Ruta do Viño de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button