CulturaCulturaÚltima hora

A Ruta do Viño de Valdeorras convoca o seu I Concurso de Fotografía adicado a Horacio Fernández Presa

O fallo do xurado darase a coñecer antes do 31 de outubro de 2019 a través da páxina web da ruta así como das súas redes sociais

 

A vendima e as diferentes etapas do viñedo, é a temática do I Concurso de Fotografía da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras Horacio Fernández Presa que se celebrará entre o 2 de setembro e o 16 de outubro.

Tal como explican dende a asociación, este ano está adicado a Horacio Fernández, para “destacar a importancia que o seu traballo na recuperación da variedade autóctona Godello tivo na comarca de Valdeorras”, e en sucesivas edicións levará por título “o nome daquelas persoas que como no caso de Horacio Fernández realizaran un importante labor no mundo do enoturismo”.

Para este concurso a Ruta do Viño estableceu tres premios que reciben o nome das variedades de uva que hai na comarca: 1º premio GODELLO: 500 € e diploma acreditativo; 2º premio MENCÍA: 300 € e diploma acreditativo; 3º premio GARNACHA TINTORERA: 200 € e diploma acreditativo.

O fallo do xurado darase a coñecer antes do 31 de outubro de 2019 a través da páxina web da ruta así como das súas redes sociais. “Tamén se comunicará aos ganadores mediante correo electrónico e chamada telefónica”, puntualizan dende a organización.

A entrega de premios efectuarase nun acto público no Teatro Lauro Olmo o día 10 de novembro no que estarán expostas todas as obras presentadas no concurso. A exposición prolongarase durante 15 días, tralos cales se pasará polos concellos asociados á Ruta.

As bases do concurso poden consultarse na web: http://www.rutadelvinovaldeorras.com, así como nas redes sociais da Ruta..

Artigos relacionados

Back to top button