ConcellosÚltima hora

A Ruta do Viño de Valdeorras instalará nos concellos da comarca mapas cos recursos turísticos

Preténdese "facer chegar información aos turistas ou visitantes que se acheguen a comarca sobre os asociados e os recursos que poden visitar de unha maneira clara, concisa e visual, por iso decidimos realizar unha infografía", explican dende esta entidade

Mapa explicativo que se colocará nos concellos da Ruta do Viño de Valdeorras.

 

Achegar forma práctica e sinxela información aos visitantes de Valdeorras. É a finalidade do mapa explicativo que vén de editar a Ruta do Viño de Valdeorras e que se instalará nos concellos da mesma. “Dende a Ruta do Viño de Valdeorras plantexousenos dende fai tempo a necesidade de sinalizar, e de facer chegar información aos turistas ou visitantes que se acheguen a comarca sobre os asociados e os recursos que poden visitar de unha maneira clara, concisa e visual, por iso decidimos realizar unha infografía”, explican dende esta entidade que presiden Joaquín Sánchez.

Trátase dunha ferramenta de comunicación útil, composta por un mapa da comarca de Valdeorras no que aparecen sinalizados todos os asociados con unha numeración establecida segundo as categorías as que pertenzan, ben sexan adegas, hostelería, guías ou outro tipo de empresas de ocio, así como os recursos que dende a propia Xunta Directiva da Asociación nos pareceron mais interesantes de destacar como as covas, o Camiño de Inverno ou a Vía Nova.

Xunto co mapa aparece unha pequena lenda que fai referencia os números sinalados no mapa, e que aporta información de contacto ou a ubicación do establecemento. “Tamen quixemos incorporar un código QR que redirixe á propia web da ruta, o que poderan acudir aquelas persoas que desexen consultar mais información relativa a esta asociación”, indican dende a asociación.

A finalidade é ubicar a infografía en cada un dos concellos pertencentes a ruta, “para darlle unha maior visibilidade a propia asociación e conseguir un maior coñecemento da mesma”, sinalan dende Ruta do Viño de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button