En portadaÚltima hora

A Ruta do Viño de Valdeorras promociónase na Feira de Turismo de Interior de Valladolid

 

Promocionar Valdeorras e os seus viños. Con este obxectivo a Ruta do Viño de Valdeorras está a participar dende este xoves 21 de novembro na XXIII edición da feira de Turismo de Interior (INTUR) de Valladolid, un certame profesional centrado na oferta do interior que tamén está aberto ao público e constitúe unha das mostras turísticas de maior repercusión en España.

Xunto coas outras rutas do viño de Galicia, a de Valdeorras dispón dun espazo propio no expositor de Turismo de Galicia no promociona a comarca, achega información dos seus asociados e tamén realiza degustacións de viños. INTUR continará ata o vindeiro 24 de novembro.

 

 

Nesta ocasión, Turismo de Galicia dispón dun recinto de deseño de 100 metros cadrados desde o que se difunde ademais a oferta galega, o Xacobeo 2021, o Camiño de Santiago e as experiencias relacionadas coa natureza. O espazo servirá tamén como punto de encontro para os profesionais do sector que visiten a feira, xa que dentro da mesma se celebra Intur Negocios, encontro entre a oferta e a demanda turística.

Na súa edición anterior, en INTUR  participaron 310 expositores directos e, segundo datos da organización, a feira foi visita por 63.140 persoas, das que 17.440 eran profesionais.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button