EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A Ruta do Viño de Valdeorras xa ten embaixador

O xornalista estremeño Juan Francisco Sánchez recibía esta distinción na apertura das VIII Xornadas de Portas Abertas desta ruta

O Pazo do Castro (O Barco) convertíase na tarde do 14 de xuño en escenario da apertura da VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras, que se desenvolverán con diversas actividades enoturísticas nesta fin de semana.

Neste acto nomeábase ao xornalista estremeño Juan Francisco Sánchez Argüelle embaixador da ruta. O homenaxeado tomaba a palabra despois dunha breve intervención do presidente da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras, o adegueiro Joaquín Sánchez, para quen o desenvolvemento turístico desta comarca debe estar vertebrado por dúas entidades: a que el mesmo preside e a Asociación de Amigos do Camiño por Valdeorras.

Seguidamente, Sánchez Argüelle lía un discurso escrito en verso no que louvaba a terra e a paisaxe valdeorresa, así como os seus viños e diversas variedades de uva (tanto branca, cunha referencia á godello) como as numerosas tintas. Agradecía ademais a honra de ter sido nomeado embaixador da ruta e enumeraba as diversas propostas que poderán desfrutar ás persoas que participan nas Xornadas de Portas Abertas.

Finalmente, o sumiller Bruno Lovelle destacaba que “os viños de Valdeorras están de moda” e referíase ás diversas referencias que formaban parte da degustación coa que se completaba o acto: Godeval godello xove, A Coroa godello xove, Finca Coronela do Cepado, Escada Lembranzas de Alán, Joaquín Rebolledo mencía xove, Bico do Lugar mencía sobre lías de Quinta da Peza, mencía de O Casal e Domus mencía de Roandi.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close