DeportesÚltima hora

A saída do tren fluvial marcará o inicio do 52 Descenso do Sil

Saída do tren fluvial nun ano anterior desde a estación do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Barco prepárase para acoller unha das probas máis senlleiras e destacadas dos ríos galegos: o Descenso de Sil. Mentres no Malecón, onde estará situada a meta, comezan os preparativos, pola vila xa se nota o tránsito de furgonetas con piraguas dos equipos que comezan a chegar.

O programa deste evento deportivo comezará ás 17:30h. coa saída do tren fluvial dende a estación do Barco. As persoas que se suban a este tren, no que a viaxe será pura festa e estará animada polo grupo valdeorrés Pándega, chegarán á estación de Sobradelo para poder desfrutar da saída, debaixo da ponte.

 

O grupo Pándega nunha actuación no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button