OurenseÚltima hora

A Sala de Exposicións Afundación de Ourense acolle unha antoloxía do ilustrador ourensán David Rubín

A mostra permanecerá aberta do 18 de setembro de 2020 ao 17 de xaneiro de 2021

Imaxe da exposición.

 

Dos seus primeiros traballos en Galicia ata os últimos no mercado americano. A mostra “Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín”, que se inaugurará mañá na Sala de Exposicións Afundación de Ourense, percorre de maneira antolóxica as diferentes etapas, influencias e series deste ilustrador ourensán.

David Rubín (Ourense, 1977) é un dos nomes imprescindibles da ilustración contemporánea. É cofundador do colectivo Polaqia, formado por historietistas de Galicia, e este ano foi candidato a catro premios Eisner en catro categorías diferentes. Ademais, a mostra presenta unha ferramenta de realidade aumentada, grazas á cal o visitante poderá, a través do seu dispositivo móbil, ver a sucesión de capas e traballos que deron lugar á obra final.

A exposición será presentada ás 11h. en rolda de prensa contando coa presenza do artista e do comisario, Asier Mensuro que estarán acompañados pola coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela Garicano. Pola tarde están proxectadas dúas visitas guiadas, ás 18 e ás 19:30h. nas que participarán tanto Rubín coma Mensuro.

A obra poderá visitarse ata o 17 de xaneiro de 2021 de luns a venres de 17:30 a 20.30h. e sábados, domingos e festivos de 12 a 14 e de 17:30 a 20:30h.

Artigos relacionados

Back to top button