CulturaCulturaÚltima hora

A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Expoarte 2019”

A exposición presenta traballos realizados no curso 2018/ 2019 nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios

 

Dende mañá 17 de setembro e ata o 1 de outubro, permanecerá aberta na Sala de Exposicións de Verín a mostra “Expoarte 2019” cos traballos realizados no curso 2018-2019 nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. Trátase de obras de cerámica, e pintura (debuxo, óleo, acrílico e pastel) seleccionadas polos propios alumnos.

A maioría do alumnado accede ao centro buscando o uso creativo do tempo de lecer. Algúns dos participantes nas actividades pretenden a capacitación profesional. Estes alumnos poden acceder ao Carné de Artesán, despois de catro anos de formación no centro. As clases na Escola de Artes e Oficios de Verín impártense, en horarios que tratan de ser accesíbeis á demanda dos usuarios, entre a segunda quincena de setembro e a primeira de xuño.

A exposición inaugurarase á 19h e poderá verse de luns a venres, 12 a 14 e de 18 a 21h.

 

Artigos relacionados

Back to top button