CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Galicia en fíos”

É unha exposición de obras de Lorena Quintas e poderáse visitar dende hoxe 9 de xullo até o 2 de agosto

A mostra “Galicia en fíos”, da artista ourensá Lorena Quintas, poderase visitar na Sala de Exposicións de Verín dende hoxe, día 9 de xullo até o 2 de agosto. O horario de visitas será de luns a venres das 17 ás 20h.

 

Cartel.

 

A artista ourensá padece dende moi pequena unha artrite, que nos últimos anos lle provocou unha discapacidade funcional visual total. Por esta razón, asistiu aos cursos de traballos manuais da ONCE, onde se interesou en especial polos debuxos con fíos. Para isto, utilizou como base un anaco de tela, papel ou madeira e atopou nesta actividade un espazo que lle permitía ser libre, ata o punto que acabou sendo a súa paixón e a súa profesión.

Texto: Alba Prada

Fotos: Concello de Verín

 

Artigos relacionados

Back to top button