OurenseÚltima hora

A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Talla en madeira: arte e oficio”

Terá lugar do 8 de agosto ao 5 de setembro, e o horario será de luns a venres, de 17:00 horas e 20:00 horas

 

 

A Sala de Exposicións de Verín acollerá do 8 de agosto ao 5 de setembro a mostra “Talla en madeira: arte e oficio”, onde se presentan obras realizadas polo alumnado de Talla das Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. O horario será de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas.

A inauguración desta exposición, a cal recolle máis dunha trintena de esculturas de pequeno e gran formato, será o propio 8 de agosto, ás 19:00 horas.

Fotos: Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button