Galerías de fotos

A Sala de Pilates Reformer abre as súas portas no Barco

Cun acto de presentación e familiarización co reformer comezaba na tarde do 4 de xullo a inauguración no Barco da Sala de Pilates Reformer da Asociación Sanarte. As súas instalacións están situadas na avenida Eulogio Fernández, nº3 of. 7.

A pretensión desta sala é “mellorar a calidade de vida das persoas en harmonía co seu entorno natural, respetuoso coa fauna e a flora local”. De seguido, ofrecíase unha ponencia sobre a “Historia e evolución do método Pilates” e un concerto de guitarra a cargo de Francisco Hermosilla Herrera.

Finalmente os asistentes desfrutaron dunha degustación dun viño da terra na Posada Galaica.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button