OurenseÚltima hora

A Sala Valente de Ourense acolle a exposición “Liña de flotación”, do ourensán Xavier Cuíñas

A mostra, que conta con máis de medio cento de pezas con estruturas diferentes entre si, permanecerá aberta ata finais de ano

A exposición de Javier Cuíñas na Sala Valente de Ourense.

 

Máis de medio cento de pezas con estruturas de madeira, metal ou corda forman Liña de flotación, a  última proposta escultórica do artista ourensán Xavier Cuíñas. Unha exposición pensada para o espazo de arte contemporáneo que lle inspira a luz e o equilibrio da Sala Valente, onde permanecerá ata o 15 de decembro de 2019.

Con esta proposta, Cuíñas logra distanciarse dos consabidos espellismos que crea este tipo de arte para definir con voz propia a parte reflexiva do seu traballo: “O artista esforzouse en demostrarnos que non é casual, senón o resultado da creación e a capacidade do traballo que vén desenvolvendo nestes anos”, asegura Eva Torres, directora dos Espazos Expositivos do Concello de Ourense. “Só así se explican hoxe os seus móbiles, as súas caixas ou a súa serie barricadas”, di.

No formal, a mostra ten unha coherencia extrema e unha indiscutible interrelación entre todas as pezas á hora de valorar o rigor e o equilibrio. As estruturas de madeira, metal, corda… son o material base da exposición, pero o escultor manifesta, antes de proclamar as posibilidades que lle brindan os materiais, que non é unha das razóns definitivas da súa obra, senón froito das circunstancias.

Artigos relacionados

Back to top button