DeportesÚltima hora

A saltadora Leticia Gil e o martelista Carlos Revuelta, segundos na Liga Nacional de Clubs

Ambos competían na primeira fase deste campionato de atletismo dentro da División de Honra

Os atletas valdeorreses Leticia Gil e Carlos Revuelta nunha imaxe tomada nunha tempada anterior./ Cedida.

 

A primeira das tres xornadas das que consta o Campionato de España de Clubs de Atletismo deixaba bos resultados para os atletas valdeorreses Leticia Gil e Carlos Revuelta, que compiten na categoría de División de Honra da citada competición.

Así, a atleta de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras), que viste a camiseta do Playas de Castellón, participaba no encontro de Zaragoza, onde conseguía un segundo posto no salto de lonxitude, cun rexistro de 6.12. A súa presenza nesta cita supoñía ademais a súa reaparición neste tempada tras unha pequena intervención nun dos seus nocellos, algo que lle impedía competir na pista cuberta.

Pola súa banda, o barquense Carlos Revuelta (A.D. Marathon) acudía ao encontro de Córdoba, onde se situaba segundo no lanzamento de martelo cunha marca de 61.04. Tamén competía no lanzamento de disco, onde quedaba cuarto cunha marca de 40.06.

Ademais de como atleta, Revuelta tamén participaba como adestrador nesta cita, xa que varios dos seus atletas tomaron tamén parte nesta xornada de División de Honra: Irene Gómez (2ª), Blanca López (3ª), Olimpia Román (8ª), Juan Jiménez (3º), Cristóbal Almudí (5º) ou Fernando Garrido (7º).

Artigos relacionados

Back to top button