DeportesÚltima hora

A saltadora Leticia Gil, único podio valdeorrés no torneo de federacións autonómicas de atletismo

Lograba un terceiro posto na lonxitude, mentres Carlos Revuelta era sexto no lanzamento de martelo
Leticia Gil e Carlos Revuelta, nunha competición anterior./ Foto cedida.

A falta da publicación dos resultados oficiais, a selección galega de atletismo lograba un sexto posto no XLIV Campionato de España de Federacións Autonómicas, celebrado os días 26 e 27 de xullo en Pamplona.

O mellor resultado valdeorrés viña da man da atleta de Viladequinta, Leticia Gil, que conseguía un terceiro posto no salto de lonxitude feminino, cunha marca de 5.96. Por outra banda, o barquense Carlos Revuelta quedaba sexto no martelo, cun lanzamento de 61.03.

Artigos relacionados

Back to top button