DeportesÚltima hora

A saltadora valdeorresa Leticia Gil, nunha competición europea

Competirá no Meeting Internacional de Atletismo de Lieja (Bélxica) o 17 de xullo e, tres días despois, estará no campionato galego absoluto de Pontevedra
A valdeorresa Leticia Gil./ Foto cedida.

Esta está sendo unha excelente tempada para a saltadora de lonxitude Leticia Gil, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras). Tras o ouro no campionato de España de pista cuberta e o seu récord galego (6,39 m), agora esta atleta afronta novos retos.

Entre eles está a súa particiación o 17 de xullo no Meeting Internacional de Atletismo de Lieja (Bélxica), no que se darán cita algunhas das mellores saltadoras europeas de lonxitude e mesmo unha xamaicana.

Será unha forma de comprobar a súa forma xusto antes do vindeiro campionato galego absoluto que se celebrará o 20 de xullo en Pontevedra e no que a valdeorresa parte como gran favorita. Xa en agosto afrontará o campionato de España ao aire libre en Benidorm.

 

Tags

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close