OurenseÚltima hora

A San Martiño celebrará en novembro a 44 edición cun formato “adaptado á nova realidade”

Percorrerá 10 km nas marxes do río Miño, con saídas escalonadas e grupos reducidos para garantir todas as medidas de seguridade

Participantes na pasada edición da San Martiño. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A carreira pedestre popular do San Martiño vivirá unha nova edición este ano 2020, pero adaptada ás restricións que impón a pandemia da Covid-19. Así  o anunciou o alcalde de Ourense e presidente do Consello Municipal de Deportes, Gonzalo Pérez Jácome, trala xuntanza do Consello Reitor celebrada na mañá deste xoves 24 de setembro no salón de plenos do Concello.

Así, a proba decana e referente en Galicia nesta especialidade, que este ano cumpre 44 edicións, percorrerá 10 quilómetros ao longo das dúas marxes do río Miño ao seu paso pola cidade, con todas as medidas de seguridade precisas para o seu desenvolvemento, saídas escalonadas e grupos reducidos,  cuxas dimensións se adaptarán á normativa vixente no momento da celebración. “A proba só admitirá a participación este ano de persoas adultas”, puntulizan dende o Concello.

 

Reunión do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

 

A carreira celebrarase no mes de novembro, no marco da programación para celebrar a festa do San Martiño 2020, que tamén se adaptará á nova realidade orixinada pola pandemia, e coas medidas de seguridade que sexan precisas.

Artigos relacionados

Back to top button