DeportesÚltima hora

A San Silvestre por fin será en San Silvestre (San Xoán de Río)

Ás 15h. do 31 de decembro, a organización desprazará dende a meta situada na praza Pedro Fernández en San Xoán de Río a todos os participantes a saída, situada a 4 quilómetros, en San Silvestre

 

Aínda que todos pensan que a San Silvestre Vallecana é a carreira de San Silvestre mais antiga da Península Ibérica, o certo é que se confunden, xa que a máis antiga foi a celebrada en 1961 en Galdakao, aldea próxima a Bilbao, coñecida por ser o lugar de residencia do célebre Juan da Pousa ata o seu regreso a San Xoán de Río. Pero do que naide ten dúbida é que a máis famosa é a San Silvestre Vallecana. Esta carreira, coma non pode ser doutra maneira, foi creada por un ourensano, Antonio Sabugueiro. Este apasionado do atletismo, atopábase en 1964 nun bar en Puente de Vallecas. Nese lugar, tras tomar unhas cañas fixo unha aposta da que naceu a San Silvestre Vallecana. Acostumado a que todas as carreiras sexan polo campo ocurriuselle facer unha carreira na cidade por asfalto.

Púxose mans a obra e cun presuposto de 5.000 pesetas, creou o Gran Premio de Vallecas o Domingo 27 de Decembro de 1964. O día seguinte un xornal titulou “Madrid xa ten a súa San Silvestre” e decidiron cambiarlle o nome de Gran Premio de Vallecas a San Silvestre Vallecana e pasala o 31 de Decembro en vez do último domingo do ano. Hoxe en día 40.000 persoas acuden a San Silvestre Vallecana, máis a primeira edición contou unicamente coa presenza de 57 participantes. O gañador desa primeira edición, Jesús Hurtado, obtivo un trofeo e un bocata de salchichón.

54 anos despois, tamén nun bar, despois de tomar unhas cañas, o runner “Getxo”, aceptou o reto de correr este 31 de Decembro a distancia entre a aldea de San Silvestre e a capital do Concello de San Xoán de Río, que distan 4 quilómetros, sempre e cando non fose solo. O que comezou como unha broma, xa ten data e hora. Nunha homenaxe a Antonio Sabugueiro, correndo por asfalto pero no rural e sobre todo saíndo de San Silvestre, este vindeiro 31 de Decembro darase o pistoletazo de saída da 1ª Auténtica San Silvestre, co obxectivo de superar os 57 participantes da primeira San Silvestre Vallecana.

Ás 15:00h., a organización desprazará dende a meta situada na Praza Pedro Fernández en San Xoán de Río a todos os participantes a saída, situada a 4 quilómetros, en San Silvestre. O ambiente será festivo, anímase a xente a ir disfrazados e haberá animación musical durante a proba. As 16:00 os participantes comezarán o percorrido, xa sexa correndo ou camiñando ata San Xoán de Río. O gañador da proba levará un bocata de salchichón, como fai 54 anos en Madrid.

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.

Artigos relacionados

Back to top button