SanidadeÚltima hora

A sanidade pública, analizada nunha charla-coloquio no Barco

Este acto está promovido pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras e terá lugar o día 9 ás 20:30h. no Barco
Cartaz da charla.
Cartaz da charla.

“Sanidade dereito ou negocio?”. Este é o título da charla-coloquio promovida pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras que se celebrará o 9 de outubro no edificio multiusos do Barco ás 20:30h. Nela participarán como relatores Miguel G. Buitrón (médico) quen falará sobre “Sanidade pública: equilibrio e progreso social”. Tamén intervirá María del Carmen Acuña (médica e deputada autonómica do partido socialista) coa ponencia “Situación actual da sanidade en Galiza. Se o quixesen facer peor non poderían”. Por outra banda, Miguel Ángel Jiménez (avogado) exporá o relatorio “O soño americano”, mentres que a presidenta de DISVALIA e a de FFIBROVAL amosarán a experiencia dunhas asociacións de afectados.

Este é o segundo acto convocado en outubro dende a Plataforma Sanitaria de Valdeorras tras a concentracións celebrada o pasado 1 de outubro diante do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button