Ourense

A secretaria xeral de Igualdade, en Cáritas Ourense

Coñeceu de preto o labor desenvolvido a través do programa e do centro de acollida Alumar
A secretaria xeral de Igualdade, durante a visita a Cáritas Ourense.
A secretaria xeral de Igualdade, durante a visita a Cáritas Ourense.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mantiña o 14 de abril unha reunión na capital da provincia co director de Cáritas en Ourense, José Ángel Feijoo, e coa coordinadora do Programa e do Centro de acollida Alumar, Mª del Carmen Alonso González, que lle explicaron que o programa atende concretamente a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual.

Segundo a información facilitada pola Xunta, ao longo de 2013 acolleron a un total de 72 mulleres, de 17 nacionalidades, maioritariamente de Brasil e da República Dominicana. Do total de mulleres acollidas, 57 teñen cargas familiares tanto en orixe como no noso país e no 92 por cento dos casos con fillos/as menores ou maiores de idade dependentes das súas nais.

O obxectivo xeral do programa é acoller á muller e a súa familia facilitando un espazo de seguridade e confidencialidade que lle permita iniciar un proceso de cambio e mellora integral. A través do Programa Alumar deséñase coa muller acollida o Plan Personalizado de Inserción Social, co obxectivo especifico de acoller a toda muller que vivindo unha situación de vulnerabilidade acode ó centro de día solicitando apoio.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button