OurenseÚltima hora

A Secretaria Xeral para o Deporte asina convenios con 7 clubs ourensáns

A Fundación Deporte Galego destina 2.420.000 euros ao plan de patrocinio dos equipos galegos de alta competición
José Ramon Lete, cos representantes dos clubs ourensáns.
José Ramon Lete, cos representantes dos clubs ourensáns.

A Fundación Deporte galego destina preto de 190.000 euros aos clubs ourensáns. O secretario xeral para o deprte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial, Rogelio Martínez e polo director de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, vén de formalizar un total de sete convenios do Plan Patrocinio dos equipos de alta competición en Galicia para o exercicio 2015 da Fundación, correspondiente aos equipos da provincia de Ourense.

En total, este convenio supón un investimento de 188.194 euros que irán destinados ao Club Ourense Baloncesto (44.444 euros); Club Baloncesto Femenino Ourense (29.562); Unión Deportiva Barbadás de fútbol feminino (17.682); Ourense Club de Fútbol (42.499); Cidade das Burgas Fútbol Sala (31.149); Club Halterofilia Pabellón (4.273); e Club Barrocás (18.586).

Artigos relacionados

Back to top button