Publicidade
SanidadeÚltima hora

A segunda médica do Centro de Saúde de Trives incorporarase o vindeiro luns

A nova especialista en medicina familiar e comunitaria ocupará esta praza con carácter indefinido, segundo Sanidade

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro luns, 1 de xuño, incorpórase “unha médico máis con carácter indefinido ao Centro de Saúde de Pobra de Trives”, tal e como vén de anunciarse dende a Consellería de Sanidade. Deste xeito este centro completa “con dous facultativos o seu cadro de persoal, garantindo a continuidade asistencial dos seus 1.779 usuarios e usuarias”, matiza a consellería.

A nova profesional, de Medicina Familiar e Comunitaria, pertence a última promoción de especialistas formados na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Este ano todos eles, salvo dous que reinician o seu período formativo noutra disciplina, se incorporaron estes días aos distintos centros do Sergas na provincia, tras participar nestes últimos meses na asistencia a pandemia de Covid.

“Con esta incorporación, o Centro de Saúde de Pobra de Trives fixa a súa plantilla con dous médicos, tras o recente traslado dun deles, polo que a atención a este cupo viña sendo cuberto de xeito provisional, situación que agora grazas á dispoñibilidade de novos especialistas se estabiliza”, asegura o Sergas..

A Pobra de Trives dispón dunha carteira de servizos de atención primaria, atendida por 2 médicos, 2 enfermeiras, e un profesional de Servizos Xerais (PSX), ademais de atención pediátrica, para os 186 nenos e nenas de Trives, Manzaneda e San Xoan de Río, nunha xornada completa semanal, atendida por pediatra e unha enfermeira pediátrica. Xunto a elo dispón de atención urxente os 365 días do ano, no seu Punto de Atención Continuada (PAC).

O Punto de Atención Continuada de Trives, da cobertura tamén aos concellos de Manzaneda e San Xoan de Río, e atendeu o pasado ano un total de 3.958 urxencias, cunha media diaria de 11 atencións. Durante esta crise sanitaria as atencións reducíronse, a unha media de 6 ao día, ao igual que en todos os dispositivos urxentes, por mor do confinamento e o menor número de accidentes ou caídas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close