DeportesÚltima hora

A selección de Mondelo dobrega a Serbia nos Xogos Olímpicos

O seguinte rival do equipo feminino de baloncesto español será Canadá

 

Tras o partido do Eurobasket feminino, hai un mes, no que Serbia derrotaba a España e deixábaa fóra da loita polas medallas, había ganas de revancha. Ambas seleccións volvíanse verse as caras na mañá (hora española) deste 29 de xullo nos Xogos Olímpicos de Tokio, nun emocionante e intenso partido, no que o equipo español, dirixido por Lucas Mondelo, dominaba claramente a partir do terceiro cuarto, ata rematar o xogo cun destacado marcador de 85 a 70.

Serbia comezaba marcando o seu ritmo, mantendo certa vantaxe no primeiro e no segundo cuarto, se o encontro mantíñase moi igualado. No segundo cuarto chegou a poñerse 10 puntos por diante, pero a reacción española non se deixaba agardar ata situarse en 41/45.

Non era ata o terceiro cuarto cando o partido daba un xiro completo a favor do equipo de Mondelo, de orixe valdeorresa. De novo Serbia adiantábase no marcador, pero España reaccionaba como un auténtico vendaval, cunha boa defensa, mellorando en rebote, ataque e, sobre todo, encestando un total de catro triples case consecutivos da man de Maite Cazorla e deixando a Serbia practicamente bloqueada. E así as españolas poñíanse por diante con 57/56.

O partido seguía moi aberto e iniciábase o derradeiro e decisivo cuarto do partido. España mantiña o seu bo xogo e contiña o alento, iniciando unha remontada na que chegaba a situarse ata 12 puntos por riba das serbias. De novo aparecían os triples de Cazorla, pero tamén de Cristina Ouviña, sentenciando un partido que finalizaba cun meritorio resultado de 85 a 70, no que derrotaban a actual campioa de Europa.

Neste partido Lucas Mondelo convertíase no segundo adestrador que chega aos 150 partidos coa selección española, sendo ademais o máis laureado na historia do baloncesto feminino español ao sumar 7 medallas e 125 vitorias en sus 149 primeros partidos. Agora súmase unha máis contra Serbia. O seleccionador tamén saborea este triunfo xusto un día despois de cumprir anos, en concreto, 56. Parabéns.

O seguinte rival das xogadoras de Lucas Mondelo nos Xogos Olímpicos será Canadá, na fin de semana.

 

Artigos relacionados

Back to top button